Modesto Renda doará á asociación “Os Peludiños” as súas retribucións coma concelleiro

O concelleiro ao comezo da lexislatura anunciara a súa renuncia á totalidade do diñeiro que lle correspondese derivado da súa condición de edil e membro da corporación.

Esta renuncia tiña como opción, para que o diñeiro quedara en Vilalba, a da doazón das devanditas cantidades a unha ou varias asociacións, ben foran veciñais, culturais ou deportivas do Concello. Unha opción, esta última, desbotada nese momento por Renda, “pois implicaba elixir en detrimento dunha ou varias delas”.

Dende entón, máis de 2000 euros correspondentes ás indemnizacións pola asistencia do edil a comisións e Plenos pasaron a engrosar as arcas municipais. “Unha dinámica inédita na política vilalbesa, que verá o seu fin coincidindo co derradeiro curso da lexislatura, non por ningún tipo de arrepentimento do edil, senón que derivada da situación límite pola que está a pasar unha das asociación vilalbesas máis representativas, isto é: a asociación animalista Os Peludiños.

Coa revogación desta decisión e ao volver recibir as indenizacións, estas, con efectos do 1 de Xullo de 2018, serán transferidas a Asociación “Os Peludiños”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com