O Concello modifica temporalmente os percorridos do bus urbano debido ás restriccións de tráfico previstas polas obras do centro. A partir do vindeiro luns, as liñas número 7 (Bolaño – A Ponte), 8 (Bolaño – A Cheda), 9 (Bolaño – Abella) e 12 (Bolaño – Polígono das Gándaras) deixarán de entrar no centro, realizando a súa parada de maneira temporal no cruce da Rolda da Muralla coa rúa Anduriñas. Os buses continuarán baixando cara a fonte dos Ranchos, onde recuperarán o seu percorrido habitual.
Os cambios serán temporais, estendéndose durante as vindeiras semanas, buscando reducir ao máximo as molestias que estas modificacións produzan no día a día das veciñas e veciños.