Debido aos traballos realizados no tramo superior da rúa Bolaño Rivadeneira, no marco do proxecto Estratexia Corazón Verde, a partir deste luns 9 de decembro será habilitado un novo plan de tráfico no centro histórico de Lugo, concretamente entre Bispo Odoario e a Praza do Ferrol. Os vehículos que accedan por esta primeira rúa, sairán por Rúa Nova á Ronda da Muralla, mentres que os vehículos de obra que sirvan a este proxecto terán de entrada e saída por Rúa Nova con Ronda da Muralla. Para o acceso ao centro, será regulado o tráfico por operarios sinalistas co obxectivo de manter a seguridade vial.
Os vehículos procedentes de Santo Domingo e San Marcos seguirán baixando pola rúa Amor Meilán Quiroga Ballesteros-San Froilán-San Fernando, de tal forma que xa non irán pola Rúa Nova. Así, os vehículos circulantes nesta diminuirán en comparación a ocasións anteriores.