Con #MóllateporLugo péchase a campaña despregada polos socialistas lucenses, “unha campaña que foi un alegato a favor da tolerancia, da solidariedade e dos valores democráticos: Gómez Besteiro agradeceu o apoio recibido estas últimas semanas nas rúas: “Sinto que os lucenses saben a quen creer, saben que nos momentos duros o Goberno de Pedro Sánchez elixiu sair adiante como país, todos xuntos, sen deixar a ninguén atrás. Este é o modelo de sociedade que queremos seguir disfrutando catro anos máis”, dixo.
Tamén lembrou que “as infraestruturas, e concretamente as inversións realizadas polos gobernos socialistas na provincia e que o PP sempre que goberna, mete nun caixón” tamén foron protagonistas dos actos da campaña da candidatura encabezada por Gómez Besteiro como a A6, a A9, “e agora os 550 millóns de euros do Goberno de Sánchez para que Lugo teña o tren que merece”.
“O non do PP á suba das pensións un 8’5%, á suba do salario mínimo interprofesional, á unha tarifa regulada para a luz e o gas, á redución do prezo dos carburantes, á redución do IVE dos alimentos básicos… O Non a que os lucenses tivésemos Radioterapia e Medicina Nuclear na nosa provincia. “Todos eses non deben ter a súa resposta o domingo nas urnas”, pediu Besteiro quen insistiu no “caro que nos sae aos lucenses que goberne Feijóo”.