David Rodríguez Moledo, Restaurante A Mirandilla de Rinlo, Ribadeo Bruno Perna Arnaú, Restaurante A horta da Paula, en Mondoñedo Jesús Villarino Gavín, Restaurante Asador, en Barreiros Jorge López, O Pazo de Tovar, Lourenzá Michel Cociña, Casa Miranda de Burela Alejandro Arca Uría, Arume Gastrobar de Viveiro Waldo Jose González Redondo, Panadería Rubal, en Mondoñedo

Mondoñedo acolle a presentación da Asociación de Cociñeiros da Mariña

A Casa do Concello de Mondoñedo acolleu esta mañá a presentación oficial da Asociación de Cociñeiros da Mariña formada por seis cociñeiros e un panadeiro. O colectivo, sen ánimo de lucro, apostará polo produto local, o da Horta de Mondoñedo, e polo consumo de Auga KMCERO

O Goberno municipal mindoniense vai colaborar cos chefs deixando os seus locais municipais para as reunións da asociación. A alcaldesa, Elena Candia, valorou a creación desta asociación nun sector que non deixa de medrar e que se ten convertido nun atractivo turístico máis “grazas á calidade dos nosos produtos e á experiencia e bo facer dos nosos cociñeiros”, precisa.

A alcaldesa indicou que as institucións “temos que implicarnos coa xente e coas iniciativas que recoñecen e valorizan os nosos produtos. A través deste proxecto Mondoñedo pon en valor o seu pan, a súa horta e a súa auga e, o que é máis importante, o factor humano, mozos profesionais que co seu traballo sacan adiante o mellor resultado co mellor  produto. O Concello de Mondoñedo sempre estará apoiando estas iniciativas, apostando polo noso, elaborado pola nosa xente”, remarca.

Os chefs lucirán ademais nos seus uniformes o distintivo dos produtos da Horta de Mondoñedo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com