Esta fin de semana comeza unha nova edición das feiras e festas das San Lucas que se celebrarán en Mondoñedo dende o día 15 de outubro ata o 23. A Deputación achega 25.000 euros para á Asociación de Feiras e Festas da San Lucas, organizadora desta cita cabalar, sendo a principal pratrocinadora desta celebración.
As festas e feiras das San Lucas celébranse en Mondoñedo dende o ano 1156, hai 860 anos, cando o rei Alfonso VII lle concedeu a Mondoñedo o titulo de cidade, con esta distinción tiña a obriga de celebrar unha feira de 8 días, que antigamente era de 15.
PROGRAMACIÓN
O sábado comeza co pregón da paratriatleta e Diploma Olímpico en Río 2016, Susana Rodríguez Gacio.
O domingo día 16, dentro da programación cultural, no Salón de Plenos do Concello ás 17:00 horas haberá unha homenaxe ás Irmandades da Fala no centenario da súa Fundación. E por primeira vez concederase o Premio Mondoñedo10 2016 na modalidade de narrativa. Ademais o artista local Xosé Vizoso recibe un agasallo polos seu 50 aniversario de colaboración con esta feira. A partir das 19:00 horas a Catedral de Mondoñedo será o escenario do concerto de Susana Seivane e Cristina Pato.
O luns dia 17 a partir das 18:00 horas e seguindo a tradición secular os cabalos baixaran dende os montes de Mondoñedo e pecorreran as rúas da cidade ata chegar a Praza da Catedral, e onde despois serán vendidos na Feira cabalar. Pola noite a partir das 21:30, na Alameda, celebrarase a III Edición de Voces da Paula, unha gala de música feita por mindonienses.
O martes día 18 haberá unha gran feita tradicional de gando no campo da Feira. A partir das 19:30 horas o monologo de Carlos Blanco no Auditorio. O mércores ás 12:00 horas exhibición de deporte rural vasco no Campo da Feira, e pola tarde na casa da Xuventude haberá teatro coa obra “Os soños da gaiola”, titeres e regueifas. O xoves, venres haberá orquestas, actuacións de magos, charlas ou xogos populares.
O sábado haberá un espectáculo-demostración de tallado artístico en madeira con motoserras, xogos celtas populares e encontro de música e baile tradicional na Praza da Catedral; ademais do concerto no auditorio de Mayor Tom y Still River e pola noite para os máis novos con Fonsi Nieto, Xriz, DKB, Habana eventos, Vallejo e Marcos Peón.
O domingo dia 23 péchanse estes días de feira con contacontos, teatro, orquestas e unha sesión de fogos artificiais como remate das festas.