Mondoñedo asina un convenio coa Universidade a Distancia de Madrid e o Centro de Estudos Financeiros

A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, vén de asinar un convenio de colaboración co Director Xeral de CEF e UDIMA (Centro de Estudios Financieros y de la Universidad a Distancia de Madrid), Arturo de las Heras García, para colaborar en materia de emprego e formación. En concreto, a bolsa de emprego de CEF e UDIMA dará un trato preferente na busca de candidatos que se faga por parte do Concello de Mondoñedo dentro das áreas propias da formación que imparten tanto o CEF, como a UDIMA.

A rexedora salientou, entre os beneficios do acordo, o trato preferente que o Concello de Mondoñedo terá nas bolsas de emprego, así como a posibilidade de facer prácticas para captar a alumnos formados pola Universidade e o Centro de Formación. O convenio recolle ademais bonificacións nas matrículas para os veciños e veciñas empadroados no Concello para levar a cabo os graos e másters que se imparten nestas institucións.

Posibles proxectos conxuntos

Candia valora ademais a posibilidade de executar proxectos conxuntos de investigación e poder dispor de asesoramento en cuestións de interese para o Goberno local nos que a Universidade e o Centro de Estudos teñan experiencia acreditada.

O convenio ten por obxecto, ademais, a realización de prácticas externas por parte dos alumnos matriculados nos Grados e Másters universitarios na UDIMA. Aos estudantes asignaráselles ao centro territorial dispoñible máis próximo ao seu domicilio.

A realización das prácticas terá a todos os efectos a consideración de actividade académica.

Matrículas

En virtude deste convenio de colaboración, CEF e UDIMA bonificará aos traballadores e aos familiares directos en primeiro grao do Concello de Mondoñedo, cun desconto do 10 % na realización de calquera grao e curso postgrao (máster, curso superior, curso monográfico ou seminario) que puideran estar interesados dos que ofrecen CEF y UDIMA.

O convenio inclúe outras modalidades de colaboración como a execución conxunta de proxectos e programas de investigación e desenvolvemento, cooperación en programas de formación de persoal investigador e técnico, asesoramento mutuo e formación en empresas, entre outros. Tamén se ofrece asesoría inicial para a implementación de programas virtuais con alumnos.

 

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com