Mondoñedo incorpora as áreas do maior, de participación cidadá, asociacionismo e Camiño de Santiago

O Concello de Mondoñedo celebrou hoxe o seu Pleno de Organización no que se asignan as áreas de Goberno. Entre as novidades, a alcaldesa, Elena Candia, asume a Concellería de Turismo e Patrimonio Inmaterial e a área do Maior. Tamén se crea unha área de Participación Cidadá, Asociacionismo e Camiño de Santiago e unha de conciliación xunto con Igualdade e Xuventude.

A rexedora explicou que os obxectivos máis inmediatos para este mandato serán revisar os valores do IBI, que se atopan desaxustados, e acometer de maneira urxente o encargo dun informe ao servizo de Intervención “para que nos dea a alternativa admisible de rebaixa ou eliminación da plusvalía”.

A rexedora explica que se chegou a unha situación económica no Concello que permite unha revisión dos impostos locais, o que previsiblemente permitirá unha rebaixa dos mesmos. “Desde a nosa chegada ao Goberno local rebaixamos o que puidemos (taxas, IBI no rural, IBI para quen cree emprego), pero agora imos intentar acometer unha revisión máis ampla que chegue a todos os mindonienses”.

Competencias 

María Elena Candia López exercerá como Alcaldesa ademáis de concelleira de Turismo e Patrimonio Inmaterial e área do Maior. Manuel Ángel Otero Legide será o primeiro tenente de Alcalde, concelleiro de Persoal, de Medio Ambiente e Medio Rural.

Pola súa banda, María Ángeles Rodríguez Rico será a encargada da área de Facenda e de Benestar ademáis de voceira
do Goberno. José Otero Rejes, concelleiro de Obras, Servizos e Rehabilitación. Manuel Tapia Rivera, concelleiro de Deportes e Promoción Económica.

Alberto García Fernández, concelleiro de Educación, Cultura e Novas Tecnoloxías, voceiro suplente. Patricia Otero Doural, concelleira de Participación Cidadá, Asociacionismo e Camiño de Santiago. Beatriz Meilán Rego, concelleira de Igualdade, Conciliación e Xuventude.

Dedicacións
O Pleno acordou ademais aprobar tres dedicacións parciais de 17.300 euros brutos anuais, distribuídos en 14 pagas, para o cargo de Presidencia, para a concelleira delegada de Facenda e Benestar e para o concelleiro
delegado de Obras, Servizos e Rehabilitación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com