Mondoñedo presenta o programa do seu décimo quinto Mercado Medieval. A alcaldesa Elena Candia puxo en valor o incremento de actividades coas que contará esta edición respecto ás anteriores. Neste senso, destacou a presenza dos cabaleiros Cabaleiros de Ulver, a actuación estelar de Bruxo Queimán e Andrea Pousa ‘soños dunha terra’ ou as mesmanadas infantís, entre outras moitas actividades.
Segundo Candia, este ano o mercado conta con “máis animación e estará máis centrado, se cabe, en motivos medievais que as edicións pasadas”. Haberá demostracións de oficios tradicionais, ambientación de personaxes desa época ou postos onde se poderán degustar produtos típicos da comarca.
A rexedora indicou que os días que dure a festividade haberá degustación gratuíta de liscos, pan, viño e cervexa ao longo de toda a mañá, e un posto de venda de xarras conmemorativas do Mercado na Praza da Catedral. Salientou tamén que “ademais da caracterización de toda a cidade con motivos medievais como en pasadas edicións, este ano extenderemos a colocación dos postos ata a Alameda”.