Mondoñedo remata as obras de mellora da planta de bombeo da depuradora

O Goberno local do Concello de Mondoñedo vén de finalizar as obras de mellora da planta de bombeo da depuradora municipal. A actuación, que contou cun Orzamento total de 40.000 euros, fíxose con cargo ao Fondo de compensación ambiental que financia a Xunta de Galicia a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

As obras de mellora leváronse a cabo ao longo do pasado mes de novembro na estación de bombeo de augas residuais (EBAR) previa á planta emprazada no lugar do Coto.

En concreto as obras consistiron na limpeza e adecuación da contorna, adecuación exterior de los cerramentos da estación de bombeo, substitución do solo, mellora dos equipos de funcionamento e manobra, mellora do sistema de pretratamento mediante a instalación dun cestón de grosos e mellora dos equipos de elevación de auga da EDAR.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com