O concello de Mondoñedo ultima os detalles da que será a próxima Casa Museo de Álvaro Cunqueiro. A través deste proxecto poderase contemplar como era, onde vivía e como traballaba o escritor, ao tempo que se fai unha aproximación a súa obra literaria.
Así, a obra inclúe a dotación dun café tertulia pensando para os veciños e veciñas de Mondoñedo e dunha gastroteca, que afondará na gastronomía literaria do autor. Ao ser unha casa museo, reconstruíranse os espazos cos materiais, as luces e os obxectos que había cando estivo habitada por Cunqueiro para que o visitante se sinta no ambiente no que el vivía.
O proxecto definitivo da Casa Museo de Cunqueiro darase a coñecer este sábado en rolda de prensa. A súa redacción foi adxudicada á arquitecta Gloria Trigo e a través do que o Goberno local pretende poñer en valor a edificación e dispoñer dun centro en lembranza ao ilustre escritor.