Mondoñedo xa ten cartaz para o seu tradicional Mercado Medieval

Como se soe dicir, reserven a data; e, neste caso, datas. 10,11 e 12 de agosto, unha fin de semana a destacar no calendario estival da provincia, tres días nos que Mondoñedo e os seus veciños collerán a máquina do tempo para celebrar o XXVII Mercado Medieval. Así o anunciou no día de onte a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, xunto con voluntarios e artesáns, coa presentación do cartaz anunciador das festas.

Como cada ano, o casco histórico do municipio encherase de postos de artesanía, alimentación, ambientación e levaranse a cabo numerosas demostracións de oficios tradicionais e espectáculos de animación que deleitarán aos asistentes.

Nos vindeiros días darase a coñecer a programación completa deste Mercado Medieval que organiza o Concello de Mondoñedo e conta coa colaboración da Deputación de Lugo e de Abanca. O que si avanzaron ca dende a institución local é que este ano volverá haber degustación gratuíta de torresmos e viño e reforzaranse as actuacións musicais e medievais. A rexedora agradece de xeito especial a implicación da Escola de Música que integrará no programa un espectáculo teatralizado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com