Monforte acolle o programa interxeracional de Afundación «Fálame da emigración»

Afundación, a Obra Social de ABANCA, puxo en marcha a terceira edición do seu programa Fálame da emigración, no que maiores voluntarios e alumnas e alumnos de centros escolares de toda Galicia dialogarán sobre vivencias na emigración.

A iniciativa enmárcase na liña estratéxica «O valor da experiencia», da Área de Envellecemento Activo de Afundación, que ten como obxectivo ampliar as oportunidades de participación e de contribución social das persoas maiores, aproveitando o seu talento e a súa experiencia vital e profesional, a través de programas interxeracionais e de voluntariado, que beneficien outros grupos da sociedade.

O vindeiro luns 23 de abril, ás 9.35 e 13.20 h, celebrarase un encontro no Colegio de los Padres Escolapios de 5 voluntarios e voluntarias do Espazo +60 Afundación de Monforte de Lemos con 56 alumnos e alumnas de 3.º de ESO do centro educativo. Os socios contarán as súas experiencias como emigrantes en países como Venezuela, Reino Unido ou Suíza.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com