Monforte homenaxea aos xubilados ferroviarios

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, participaron hoxe no acto de homenaxe aos xubilados ferroviarios da localidade monfortina. Campos Conde trasladou a súa “noraboa a todos os profesionais homenaxeados, tanto ás 12 persoas xubiladas como aos dous colaboradores de AMAFER, pola súa entrega e dedicación ao ferrocarril e aos viaxeiros”.

“O colectivo ferroviario axudou a construír a cidade e contribuiu á súa prosperidade e o seu desenvolvemento. Por iso queremos facerlles chegar o recoñecemento do Goberno da Deputación a toda unha vida laboral de dedicación ao tren e a Monforte de Lemos”, engadiu o titular provincial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com