O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, informaron esta mañá sobre o investimento de 2,2 millóns de euros que, en impulso das infraestruturas e dotacións publicas, servizos sociais e emprego, a Deputación achegou aos veciños do municipio. Fíxoo nun ano, pois son 1,2 millóns do orzamento de 2016 os achegados, aos que se engade outro millón aprobado esta anualidade.
Campos Conde e Tomé Roca supervisaron o resultado das melloras de 245.000 euros, que financiou o Executivo Provincial, en diversas rúas da localidade. A maiores, con outros 92.000 euros, o Goberno da Deputación colaborou co Concello de Monforte no arranxo doutras rúas. O Executivo Provincial tamén acondicionou, con 36.400 euros, as estradas de Monforte a Currelos e a de Monforte a Rozabales. Son 655.000 euros os que achega o Executivo Provincial á mellora do saneamento en 6 rúas de Monforte de Lemos.
Tamén no eido das dotacións públicas, o Goberno da Deputación financiou con máis de 31.500 euros a mellora do alumeado público en Cobas, no polígono industrial do Reboredo, Paseo da Compañía e Paseo de Lugo. O Goberno Provincial xerou 23 novos postos de traballo en Monforte de Lemos a través do Ben Empregado e do DepuEmprego. Fíxoo con 321.000 euros os custos laborais destes profesionais, que están contratados en empresas e colectivos sen ánimo de lucro, ademais do propio Concello onde reforzan as prestacións municipais.
En canto a servizos sociais, o Executivo Provincial xera neste municipio máis empregos, pois con 30.000 euros contrata a traballadores que presten 16.000 horas de atención profesionais a 212 maiores. Son case 230.000 euros os que destinou o Executivo Provincial á dinamización social e económica do Concello de Monforte de Lemos a través do impulso ao turismo, á cultura e ao deportes, en colaboración co municipio e co tecido asociativo.