O Concello de Monterroso vén de enviar un comunicado aos medios no que anuncia a cancelación da súa tradicional Feira de Santos como medida para evitar, no posible, un rebrote de Covid-19.
Dende o goberno din que se trata dun “acto de sensatez” pero “moi difícil” e que, “é froito, da coherencia e da responsabilidade, pois a Feira de Santos é un evento económico pero tamén social no que é practicamente imposible evitar os contaxios”.
“Estamos nun momento no que é fundamental garantir a saúde dos feirantes, dos visitantes e dos monterrosinos, así como contribuir a contención do virus. Así pois, estas premisas deben estar por encima de calquera evento”, remarcan dende o Concello.