O coñecido empresario, José Rouco, faleceu esta mañá tras sufrir unha indisposición mentres circulaba co seu vehículo por unha rúa de Vilalba.
José Rouco era unha persoa moi coñecida en Vilalba, onde rexentaba unha tenda de decoración dende fai anos, ademais de formar parte durante anos da comisión de festas do San Ramón.
Ata o lugar do suceso, que causou gran expectación, trasladouse a Garda Civil e unha ambulancia do 061, pero os servizos médicos só puideron certificar a morte do condutor.