Morre o escritor lugues Isidro Novo

Hoxe producíase o pasamento do escritor Isidro Novo. Persoa afable,  era normal velo pasear polas rúas de Lugo, falando e saudando  a uns e outros. Recentemente publicara as súas xa derradeiras obras: CO2, un libro de poemas e a novela O Tabú da Traslenda.

Aínda que os seus comezos literarios foron en lingua castelá, o máis importante da súa obra está escrita galego.

Teaza de brétema, publicado na colección O Barco de Vapor no 94, sería o seu primeiro libro individual. Ao que seguiría  o wéstern Por unha presa de machacantes e de seguido Carne de Can, composto por oito relatos, así como o libro de poemas Dende unha nada núa.

No 99 sae do prelo Antollos de Eimarmena, narrativa curta, e logo as novelas: Súa de siRosa lenta e Un escuro rumor tralo silencio. No ano 2007 edita o poemario Esteiro de noites falecidas e en 2009 publicase a súa tradución ao galego da novela de Benito Vicetto Los Hidalgos de Monforte. Outras obras a destacar son: Cabalos do demo e outros invertebrados (2010), O Courel de Novoneyra. Eidos de ollarollar (2010), así como a novela de terror Sinistra Deixa (2012).

Colaborou tamén en diferentes xornais, revistas así como na radio. Desenvolveu tamén un interesante traballo na AELG coa sección Palabras con Memoria.

En paz estea Isidro Novo.

Fotografía AELG.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com