Un home veciño do Corgo morreu esta mañá tras un accidente rexistrado neste concello lucense, concretamente na estrada LU-546, a estrada que une Nadela e Monforte. A vítima conducía unha furgoneta que, por causas que se investigan, acabou colidindo contra un camión. O condutor do camión resultou ferido e foi atendido polos efectivos do 061.
Segundo informou o servizo de emerxencias 112, até o lugar dos feitos desprazáronse efectivos dos bombeiros, que tiveron que excarcerar o corpo do falecido do interior da furgoneta.