Un home faleceu esta malá tras sufrir un accidente laboral, no concello de Taboada, onde quedou atrapado nunha procesadora de madeira. Segundo informou o 112 Galicia, os servizos de emerxencias explicaron que a vítima quedou atrapada nunha procesadora de madeira mentras traballaba nunha pista que une os lugares de Morlán e San Martiño.
O 061 enviou ao lugar dos feitos unha ambulancia asistencial e un médico de atención Primaria que confirmou o falecemento do traballador. Asemade, o Centro de Atención ás Emerxencias, informou aos membros do GES de Monterroso e aos bombeiros de Chantada, que finalmente non tiveron que intervir.