Morre un bañista afogado na praia de Covas, en Viveiro. Segundo o servizo de emerxencias 112 foi un particular o que deu a voz de alarma contra as doce e media ao avistar a unha persoa aboiando na auga a uns 20 metros da beira da praia.
O bañista foi sacado da auga coa axuda de varias persoas e de varios socorristas, que intentaron reanimalo durante varios minutos. Finalmente nada se puido facer por salvar a súa vida.
Ao lugar acudiron efectivos de Salvamento Marítimo, do Grumir de Viveiro, Policía Nacional e Urxencias médicas.