Morre un ciclista en Outeiro de Rei despois de caerse da bicicleta

Un ciclista faleceu este mediodía en Outeiro de Rei ao caerse da bicicleta coa que circulaba e golpearse coa estrada.

Os feitos ocorreron no lugar de Paz, ao fío das 12:00 horas. Nese momento, o 112 Galicia tivo constancia do accidente a través do 061-Urxencias Sanitarias. Acto seguido, o persoal do CIAE 112 Galicia pasaba o aviso á Garda Civil de Tráfico e aos bombeiros de Vilalba.

Unha vez no lugar do accidente, os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvar a vida do ciclista.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com