Morre un home ao quedar atrapado baixo o tractor que manexaba en Pedrafita

Un home perdeu a vida esta mañá en Pedrafita despois de quedar atrapado debaixo do tractor que nese momento manexaba nunha leira no lugar de Coterces, en Pedrafita do Cebreiro.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os efectivos do GES de Becerreá e os Bombeiros de Sarria tiveron que empregar o material de excarceración para liberar ao varón accidentado e que fose atendido polo persoal sanitario, que, a pesar de mobilizar un helicóptero medicalizado, nada puido facer por salvarlle a vida.

Os feitos tiveron lugar preto das 9:10 horas. Nese momento, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta do accidente.

Nada máis ter coñecemento, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Sarria, do GES de Becerreá e da Garda Civil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com