Morre un home ao ser arrolado por un tren en Sarria

Un home duns 50 anos perdeu a vida a última hora da tarde de onte tras ser atropelado por un tren na estación de Sarria. Segundo se lle indicou ao 112, a vítima camiñaba acompañada doutras dúas persoas cando, por causas que agora se investigan, caeu ás vías. Todo apunta a que o accidente tivo carácter fortuíto.

A circulación ferroviaria na zona permaneceu pechada durante pouco máis dunha hora. O tren que arrolou ao home facía o traxecto entre A Coruña e Monforte. Nel viaxaban tres persoas. Ademais, outro convoi tivo que deter a súa marcha a consecuencia do sinistro.

O 112 Galicia recibía a chamada dunha persoa particular ás 20:50 horas de onte. O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias alertou a Urxencias Médicas e o ADIF. Tamén se informou aos Bombeiros de Sarria, a Protección Civil e á Garda Civil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com