O accidente ocorreu cando o operario tallaba árbores nunha parcela situada moi preto da igrexa de San Cosme de Piñeiro, no concello lucense da Pastoriza.
Foi un particular quen, sobre as 13:00 horas deste mediodía chamou ao 112 Galicia para pedir axuda.
De inmediato, os xestores do 112 pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Garda Civil. Malia que, non foron necesarios os equipos de excarceración, tamén foron informados os Bombeiros de Vilalba.