Un home de 52 anos faleceu esta madrugada en Foz despois de caer co seu coche ao mar. Os feitos tiveron lugar no peirao da localidade. Os Bombeiros encargáronse de rescatar o cadáver da vítima. Segundo explicaron ao 112 Galicia, o vehículo quedou completamente mergullado na auga.
A Garda Civil alertaba ao 112 da presenza dun vehículo no mar ás 6:20 horas desta mañá. Dende o Centro de Atención ás Emerxencias alertouse decontado aos Bombeiros de Barreiros, ao GES de Cervo e a Urxencias Médicas. Tamén se informou a Protección Civil e a Portos de Galicia.