Morre un home en Navia de Suarna tras sufrir un desmaio na vía pública. Foi el mesmo o que chamou ao servizo de emerxencias cando circulaba co seu vehículo polas chamadas curvas de Mondián.
Explicoulles que precisaba baixar do turismo porque lle custaba respirar. Os médicos do 061 decidiron enviar un equipo a bordo o helicóptero medicalizado con base en Santiago, pero xa nada se puido facer por salvar a vida do home.