Un home faleceu esta tarde en Viveiro despois de sufrir unha indisposición mentres se bañaba na Praia de Covas, en Viveiro. O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido ás 13:30 horas, a través das chamadas de varios particulares que alertaban dunha persoa que se atopaba inconsciente no mar e a estaban levando ata o areal.
Acto seguido, os xestores do 112 Galicia informaron dos feitos á Policía Local, a Protección Civil, á Policía Nacional e ao 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago, aínda que, tras confirmarse o falecemento do home, descartouse a súa intervención. Unha vez na Praia de Covas, os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida ao home.