Un compañeiro avisou a través do 112 Galicia cando pasaban das nove desta mañá.
Segundo explicou o alertador, a vítima foi golpeada por unha árbore que se lle veu enriba. Tamén aclarou que estaban a realizar traballos de corta nunha zona de monte situada na parroquia de Camoira, concretamente no lugar de Maira, en Lugo.
Un accidente no eido laboral do que tamén recolleron información as forzas da orde a partir do momento no que recibiron a alerta do 112. De feito, acudiron patrullas da Policía Nacional e Local. Tamén os Bombeiros de Lugo, aínda que o falecido estaba liberado e accesible.
Pola súa parte, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 só puideron confirmar o falecemento do traballador.