Un home perdeu a vida esta tarde ao sufrir unha indisposición na praia de Acantilado en Barreiros.
Eran as 13:45 horas cando varios particulares chamaron ao 112 Galicia para alertar dunha persoa indisposta que necesita asistencia sanitaria urxente. Decontado os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaba un equipo médico ata o lugar.
Malia os intentos realizados polos sanitarios e a que os servizos de emerxencia se desprazaron axiña ao punto, nada se puido facer por salvarlle a vida.