Un mozo de 17 anos faleceu en Ortigueira despois de que a moto na que viaxaba sufrise unha colisión contra un turismo. O sinistro produciuse na estrada que une Ferrol con Ortigueira, á altura de Espasante. O conductor do vehículo implicado foi asistido no lugar do accidente.
Varias persoas alertaron do sinistro ao 112 Galicia. A primeira delas púxose en contacto coa central de emerxencias ás 19:00 horas de onte.
O persoal do 112 Galicia alertou decontado ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros do Eume e ao GES de Ortigueira. A situación foi posta en coñecemento da Garda Civil e da Garda Civil de Tráfico.
Ademais, unha vez confirmado o falecemento do rapaz, dende o 112 Galicia contactouse co Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE).