Un mozo de 22 anos e natural de Abadín, faleceu esta tarde nun accidente na avenida Infanta Elena. O suceso tivo lugar minutos antes das oito da tarde, cando o vehículo no que viaxaba a vítima e que circulaba en dirección ao Ceao, perdeu o control e bateu contra outro turismo que viña en sentido contrario.
A vítima, que viaxaba no asento traseiro tivo que ser escarcelada polos bombeiros. No vehículo viaxaban outros tres ocupantes que resultaron feridos e foron trasladados ao Hula, así como o ocupante do outro vehículo que tamén resultou ferido.