Un traballador faleceu no polígono industrial de Begonte ao quedar atrapado debaixo dunha furgoneta. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o vehículo atopabase nun guindastre suxeito por unha eslinga que rompeu, o que provocou que a furgoneta caese sobre o operario.
O 112 Galicia tivo constancia sobre as 10:45 desta maña, a traves do 061-Urxencias Sanitarias. Acto seguido o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros de Vilalba, do GES de Guitiriz e da Garda Civil. Unha vez no lugar dos feitos excarceraron ao traballador, pero a pesar dos esforzos por salvarlle a vida, os efectivos sanitarios confirmaron o seu falecemento.