Morre un operario ao sufrir un accidente coa carretilla que manexaba en Ribas de Sil

Un operario perdeu a vida esta tarde en Ribas de Sil despois de quedar atrapado debaixo da carretilla que manexaba para trasladar a carga dun tráiler. Os feitos sucederon nun paso a nivel da Rúa do Ferrocarril, preto das 18:30 horas.

Nese momento, varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para dar conta do accidente laboral.

Nada máis ter coñecemento do suceso, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que nada puideron facer por salvarlle a vida ao operario accidentado.

Ademais, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención dos Bombeiros de Monforte, da Garda Civil, do GES de Quiroga e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com