Morre un operario e outro resulta ferido nun accidente laboral en Chantada

O suceso ocorreu na estrada LU-617, á altura de San Fiz de Asma, no municipio lucense de Chantada.

A Garda Civil indicou que se trataba dun accidente laboral. Segundo explicaron, catro traballadores estabana colocar un cable de tensión nunha finca no momento no que o cable partiu ou se soltou, o que provocou que dous dos operarios caesen uns dez metros, resultando un falecido e outro ferido.

O 112 Galicia recibiu o aviso ás 12:25 horas a través da chamada dun particular, que solicitaba asistencia sanitaria urxente para unha persoa que caera desde certa altura.

De inmediato, desde o 112 Galicia alertouse aos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Unha vez no punto, os equipos de emerxencia comprobaron que, ademais da primeira persoa afectada, había un segundo operario ferido. Atopábase nunha zona de arboredo de difícil acceso, polo que foi necesario solicitar a intervención dos Bombeiros de Chantada para poder chegar ata el.

A pesar dos esforzos do persoal sanitario, nada se puido facer por salvar a vida dun dos traballadores.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com