Os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida ao home, que sufriu o accidente na parroquia de Bacoi. O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos a través dun compañeiro do traballador, ao fío das 16:30 horas.
A partir de aí, tras recibir o aviso, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos axentes da Garda Civil.