Morre un operario duns trinta anos en Ribas de Sil tras un accidente laboral cando realizaba un desbroce nun monte situado neste concello. A vítima rozaba unha zona do monte cando unha árbore lle caeu enriba e perdeu a vida.
Un equipo de bombeiros e un grupo de voluntarios de Protección civil da localidade achegáronse ao lugar do accidente, entre Lamoá e Castro Caldelas. Os bombeiros liberaron á vítima, que estaba atrapada baixo a árbore pero nada puideron facer por salvarlle a vida.
O suceso tivo lugar contra as dúas da tarde e foi un compañeiro do falecido o que alertou ao servizo de emerxencias 112.