Morre un operario na Fonsagrada tras caerlle enriba unha árbore

Un operario faleceu este mediodía na Fonsagrada tras caerlle enriba unha árbore. O suceso aconteceu no lugar de Paradanova. O falecido atopábase tallando árbores no monte cando un piñeiro lle caeu enriba.

O servizo de emerxencias 112 mobilizou ao helicóptero medicalizado con base en Santiago e alertou aos Bombeiros de Sarria que, unha vez no lugar dos feitos, comprobaron que xa nada se podía facer para salvar a vida do home.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com