Un operario perdeu a vida, esta mañá, logo de caer dun tellado no lugar de Céltigos, no concello de Sarria.
O 112 Galicia recibiu a chamada dun particular, contra as nove e media da mañá, que informaba de que un operario caera dunha altura duns dez metros, mentres traballaba na colocación dunhas placas solares.
Con esta información, o CIAE-112 Galicia informou aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron ao helicóptero medicalizado con base en Ourense para ao lugar, á Garda Civil, á Policía Local e tamén a Protección Civil de Sarria.
Finalmente, o persoal sanitario confirmou que malia os esforzos, non se puido facer nada por salvar a vida do traballador.