O 112 Galicia recibía o aviso por parte de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ás 13:15 horas informando do accidente laboral e solicitando medios para un traballador atrapado debaixo dun coche no lugar As Eiras, en San Cosme de Barreiros.
De forma inmediata informouse aos Bombeiros de Barreiros, que cando chegaron ao punto, o operario non estaba atrapado, atopábase entre dous coches e, lamentablemente, xa sen vida. Malia os esforzos, nada se puido facer por salvarlle a vida a un traballador.
Cabe destacar que, desde o 112 Galicia, tamén foron informados os axentes da Garda Civil e os membros de Protección Civil.