Unha muller faleceu esta noite no concello lucense do O Incio despois de envorcar o vehículo que conducía. O sinistro produciuse no corredor que une Sarria e Monforte, no lugar de Santa Cruz de Oural. Foron varios particulares os que alertaron aos servizos de emerxencias pasadas as nove e media tras ver como o coche se saía do corredor.
De contado foron desprazados efectivos de Urxencias Médicas e os Bombeiros de Sarria que, tras chegar ao lugar dos feitos, só puideron confirmar o falecemento da muller.