Morre unha persoa en Vilalba ao caerlle unha cancela enriba

Unha persoa faleceu despois de caerlle enriba unha cancela na parroquia vilalbesa de San Mamede de Oleiros.  Foi un veciño da vítima quen chamou ao 112 Galicia ás 12:45 horas deste mediodía para informar do sucedido.

Nada máis ter constancia dos feitos, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia puxeron a situación en coñecemento dos profesionais sanitarios que, debido á gravidade da situación, informaron da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago para prestar auxilio á persoa ferida.

Desafortunadamente, unha vez no lugar do incidente, o equipo médico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 soamente puido confirmar o seu falecemento.

Tamén foron informados os Bombeiros de Vilalba e os efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade. Para aclarar as circunstancias do suceso, desde o 112 solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com