Dous homes faleceron nas últimas 24 horas na residencia San Rosendo do Incio onde onte se descubriu que 65 usuarios e 4 traballadores do centro estaban infectados por coronavirus. Os dous falecidos presentaban patoloxías previas e un deles faleceu na propia residencia e o outro no Hula a onde fora trasladado nas últimas horas.
O Concello do Incio emitíu un bando onde e comunica aos veciños-as as seguintes medidas a adoptar:
1. Suspensión temporal do Servizo de Axuda no Fogar (salvo casos de especial
vulnerabilidade).
2. Suspensión temporal de toda actividade lúdica, cultural e deportiva.
3. Suspensión temporal de feiras e mercados.
4. Reapertura do servizo de entrega a domicilio de medicamentos e alimentos a
aquelas persoas que o necesiten.
5. Ofrecer a colaboración a toda a veciñanza para o que poidan precisar a través do
teléfono do Concello 982.427.014.
Estas medidas cautelares serán de aplicación dende a publicación do presente bando e ata novo aviso.
Ademais, lembramos a importancia de seguir adoptando sinxelos xestos na nosa vida diaria para a loita contra o coronavirus e pregamos á veciñanza manter as distancias, facer un uso correcto da máscara e ser prudentes e responsables.
Esta Administración está en contacto permanente coa Residencia e coa Xunta de Galicia e autoridades sanitarias, que xa están a determinar o alcance do gromo ao resto da veciñanza do Incio.
No caso de presentar síntomas compatibles coa covid-19, pregamos llo faga saber ás autoridades sanitarias de forma inminente.
Pola súa banda a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou que na últimas últimas 24 horas o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.995, deles 1.114 son da área da Coruña, 254 da de Lugo, 179 da de Ourense, 85 da de Pontevedra, 144 da área de Vigo, 130 da de Santiago, e 89 da de Ferrol.
Do total de doentes positivos, 6 están en UCI, 67 en unidades de hospitalización e 1.922 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.737 persoas curadas, rexistrándose 628 falecementos. Os últimos falecementos corresponden a dous varóns da área sanitaria de Lugo, de 93 e 77 anos, e que tiñan patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 294.691.