Mostra “Un achado excepcional, 25 anos da Domus do Mitreo”

Esta tarde tivo lugar a inauguración da mostra ‘Un achado excepcional, 25 anos da Domus do Mitreo’ no Pazo de Montenegro, en Lugo.

Con esta mostra, o Museo da Domus do Mitreo -xestionado pola USC- inicia a programación para conmemorar os 25 anos do excepcional achado na cidade: unha casa señorial de orixe romana cun templo dedicado ao deus Mitra, un dos poucos existentes na península.

Á inauguración da mostra asistiu o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, que felicitou á USC por esta exposición e por seguir impulsando “un xacemento arqueolóxico único, que representa un dos grandes atractivos que visitar na cidade”.

Salientou ademais o feito de que estes restos, musealizados in situ, se atopen nun enclave “onde coinciden tres Patrimonios da Humanidade: a Muralla, a Catedral e o Camiño de Santiago”. Este ano cómprense tamén 25 anos desde que a Muralla recibiu este recoñecemento pola Unesco.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com