Onte domingo 5 de xaneiro, motoristas lugueses, doutros lugares do país e mesmo de Asturias, fixeron, saíndo de Lugo, un roteiro ata a aldea de O Cebreiro.
Abofé que o día non era o máis acaído para facer esta viaxe, pero os motociclistas enfrontaron o intenso temporal de choiva e vento sen pestanexar. “O obxectivo era dobre: celebrar o inicio dun novo ano moteiro, coa segunda edición do Motoxubileo e axudar á asociación Somos unidos por el cancer”.
En colaboración con esta asociación, dedicaron o evento á loita contra o cancro infantil. A xornada comezou ás 9:30 nunha cafetería de As Gándaras, onde almorzaron e se prepararon para acometer a ascensión. Cara o mediodía chegaron a asentamento prerromano de O Cebreiro onde voluntarios de Somos lles ofreceron chocolate quente e churros.
Durante a estadía no Cebreiro venderon “as camisetas e firmas solidarias, inspiradas no triunfo do piloto lucense Jorge Prado, recente campión do mundo de motocrós”.
Tralo xantar, regresaron a Lugo pola estrada de Samos, realizando “unha emotiva parada no lugar onde se atopa a placa conmemorativa dedicada a J, un querido motorista lucense vinculado ao Motoclub Lóstregos-Lucus, falecido o pasado verán nun accidente en moto” . Quedaron para o vindeiro ano.