O novo Secretario Xeral do Concello, José Mourelle Cillero, tomou posesión do seu cargo no que substitúe a José Antonio Carro Asorey, que dende o 2011 exercía este cargo na entidade local.
O acto de toma de posesión estivo presidido pola alcaldesa de Lugo, Lara Mëndez, quen destacou do novo Secretario Xeral, o seu dilatado currículo e experiencia na Administración Pública e desexoulle “os mellores dos éxitos no seu cometido, sempre en beneficio do interese público e dos veciños e veciñas de Lugo”, subliñou.
Mourelle Cillero é Doutor en Dereito, Licenciado en Ciencias Políticas e Máster en Administracións Públicas pola Universidade Complutense de Madrid. Está especializado en contratación administrativa e recursos humanos. Exercerá, ademais do posto municipal, o de Secretario Xeral adxunto da Deputación de Lugo.