Muramiñae Rehabilita traballan en melloras no parque Rosalía e no Paseo Fluvial do Miño

As brigadas do I Plan de Intervención Socio-Laboral Muramiñae Rehabilita están a traballar en melloras no parque Rosalía de Castro e no paso fluvial do Miño, que foron dúas das peticións veciñais presentadas durante o período de participación cidadá que se abriu por barrios.
Os labores que se desenvolverán son de xardinería e arranxos medioambientais, albanelería, pavimentación e reparación de mobiliario.
Son as primeiras actuacións que se poñen en marcha despois do período de formación dos brigadistas e despois de obter os permisos de distintas administracións paras poder comezar os labores. Unha vez finalizadas estas obras, proseguirán por outros barrios.

Foron decenas as peticións da veciñanza pertencente aos dez barrios que se integran na estratexia DUSI – Recatelo, A Cheda, A Ponte-San Lázaro, O Carme, Milagrosa, Fonte do Ranchos, Lamas de Prado, Abella, Abuín e Saamasas -, que foron analizadas polos capataces das brigadas para establecer os plans de traballo. Non todas as solicitudes poderán ser atendidas a través deste plan, que está previsto para arranxos e melloras que non sexan de gran entidade, pero o Concelo estuda  como desenvolvelas fóra da estratexia DUSI.

A través deste I Plan de Intervención Socio-Laboral Muramiñae Rehabilita dáse unha oportunidade de formación e traballo durante seis meses a 24 persoas en situación de vulnerabilidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com