A música alternativa será protagonista no festival Osa do Mar de Burela

A música alternativa será un ano máis protagonista na terceira edición do festival Osa do Mar de Burela que hoxe comeza nesta localidade da mariña. Organizado pola Asociación Cultural Fanto Fantini, conta cun cartel composto por máis de 20 bandas nacionais de música independente e alternativa de primeiro nivel.

A programación de hoxe inclúe grupos como Terror Erótico Adolescente, Oh! Ayatollah, Onnlbn DJ Set. Para o venres esta previsto que actúen Mujeres, Bala, Cuello, Agoraphobia, Onnlbn, Bravo Fisher!. O último día actuarán, Nave Nodriza, Fogbound, White Bats, Electric Feels, Pega Monstro, Malandrómeda, Biznaga, Familia Caamagno, Guerrera, C. Tangana e Joe Crepúsculo.

A Deputación de Lugo apoia a celebración deste festival cunha achega duns 3.000 euros para financiar parte das actividades que terán lugar durante a fin de semana en Burela. As entradas anticipadas custan 15 euros e 18 euros en taquilla, e poden adquirirse en www.osadomar.com. No prezo inclúense diferentes servizos, como transporte Burela – Campus Festival, campamento libre con duchas e baños, sala de cea, exposicións e ata ofertas especiais en hoteis colaboradores.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com