Música e viño mistúranse no 17º Ribeira Sacra

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, presentou no embarcadoiro de Doade, o Festival 17º Ribeira Sacra. Trátase da segunda edición do Festival Internacional de música que ten a Ribeira Sacra grazas ao apoio da Deputación, que é o principal patrocinador deste evento cunha achega económica de máis de 24.000 euros, dentro da súa aposta por impulsar o turismo e a economía da zona. No acto tamén participaron o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal; o Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé; o Alcalde de Sober, Luis Fernández; o Alcalde de Chantada, Manuel Varela; a Alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Ines Vega; e o director do festival, Carlos Montilla.

O festival terá lugar do 27 de xullo ao 5 de agosto en espazos e lugares emblemáticos de Monforte de Lemos, Chantada, Sober, Ourense, Castro Caldelas, A Teixeira e Negueira de Ramuín. O Concello de Monforte de Lemos achega de 5.000 euros. Tamén colaboran o resto de municipios onde se celebra o festival, así como o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, AGADIC e Galicia Calidade.

Campos Conde destacou que “un ano máis, convertemos ao Goberno da Deputación, no principal patrocinador do Festival da Ribeira Sacra para consolidalo como un dos máis potentes de toda Galicia. Botamos en falta máis implicación da Xunta de Galicia, institución coas competencias en Turismo, así como da Deputación de Ourense que decidiu non destinar nin un só euro á celebración deste evento, tan importante para toda a Ribeira Sacra. Pola nosa parte, dende a Deputación seguiremos apostando por este tipo de iniciativas porque consideramos que non son un gasto se non un investimento para a nosa provincia, que sen dúbida dinamizará a economía, o turismo e a vida nas vilas da Ribeira Sacra”.

Carlos Montilla subliñou que “é un cartel moi variado, dirixido a todo tipo de públicos e gustos, sobre todo para as familias, e no que os asistentes poderán ver en directo a artistas como Coque Malla, De Vacas, Elvis Perkins, Freedonia, Fuckaine, Ghost Beast, Gloria, Harvesters, Holly Miranda, Morgan, Mujeres, Puerto Candelaria, Ten Fé, Tulsa, Woods e moitos máis, que fan desta, unha segunda edición moi potente”.

Este ano o festival contará como cabeza de cartel con Coque Malla, un artista con máis de tres décadas nos teatros e nos escenarios desde o seu debut cos Ronaldos e no que aproveitará para presentar o seu último traballo Irrepetible.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com