Música electrónica e hip hop farán vibrar este sábado a Horta do Seminario

A Praza Horta do Seminario vibrará este sábado cunha sesión de música electrónica e hip-hop e a actuación de Joni Ramos, participante do programa Got Talent. Así o anunciou a titular de cultura no Concello de Lugo, quen convidou á mocidade a asistir a esta nova actividade, enmarcada dentro do programa +Xtí, de prevención de consumo de drogas, que proporciona unha alternativa de lecer diferente ás mozas e mozos. Arrincará ás 18:00 horas, e ata as 22:00 horas as e os asistentes gozarán con xéneros como ukgaragebassline e hip-hop. A partir das 22:00 horas, o viveirense Joni Ramos emocionará a Lugo, do mesmo xeito que emocionou ao xurado e a audiencia do recoñecido programa.

O Concello tamén aproveitou para dar a coñecer a programación lúdica da Praza do Castiñeiro, que comezará o vindeiro martes, 17 de xullo. Trátase de actividades gratuítas, enmarcadas tamén na iniciativa +Xtí, para a mocidade de 12 a 16 anos, que terán lugar en xornada de mañá, de 12:00 a 13:30 horas, ata o 5 de setembro. O Concello ofrece dúas alternativas, manualidades creativas, os martes e venres, e retos científicos, todos os mércores; agás o 25 de xullo e o 15 de agosto.

Entre as actividades de manualidades destacan a creación de alfombras de pompóns, ollos de boi, foguetes voadores, soportes para os móbiles, abalorios de papel, mosaicos, pompas, pinzas con sorpresas, scarapbooking, botellas, marca páxinas ou catapultas. No que se refire aos retos científicos: fases lunares, reaccións químicas ou neve artificial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com